6º festival "Poetas na rúa" de Poio
O próximo día 16 de setembro (este domingo,) a partir das 18:30, teredes unha ocasión inmellorable para ver en acción poética a case toda a nómina das/dos poetas novas/os (e xa non tanto) das Redes Escarlata (http://www.redesescarlata.org ) . Ese día, a esa hora, celébrase o 6º festival "Poetas na rúa" de Poio. A cita é na praza de San Roque, en pleno centro histórico de Combarro, á beira do mar, dos hórreos, cruceiros e demais pedras talladas e pulimentadas. Os participantes son: IAGO CASTRO, BRAIS GONZÁLEZ, ORIANA MÉNDEZ, SILVIA PENAS, ÓSCAR ANTÓN PÉREZ, ELVIRA RIVEIRO, XABIER XIL XARDÓN e ISAAC XUBÍN. Presentará o acto a narradora ROSA ANEIROS e, ademais, contaremos coa música do cantautor TINO BAZ. Todos os que vos acheguedes ao recital levaredes de balde unha publicación onde se recollen poemas das/os participantes. Para chegar a Combarro: está en Poio, ao lado de Pontevedra pasando a ponte da Barca. Se vindes por autoestrada tedes que tomar a saída Pontevedra Norte e ir cara a Poio-Sanxenxo-O Grove pola costa (estrada PO-308). Está a uns 7 quilómetros desde que saídes da autoestrada (10 minutos en coche).Ao chegar á parroquia de Combarro tedes que ir cara ao mar, ao recinto histórico-artístico. A praciña de San Roque non ten perda: solaina de pedra (desde onde recitaremos), piornos e cruceiro no medio.
|
Por lobitogabriel - 13 de Septiembre, 2007, 8:00, Categoría: agenda isla negra
Enlace Permanente
| Comentar
| Referencias (0)
|